Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2021. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, valora que a multinacional Alcoa anunciase, nas últimas horas, que está disposta a “explorar de novo” a venda da planta situada en Cervo (Lugo) á Sociedade Estatal de Participaciones Industriales (SEPI), tal e como o goberno de España e os traballadores e traballadoras da factoría veñen demandando, para buscar unha vía na que un novo inversor entre na planta e se de futuro a planta.
Así, o líder do PSdeG considera unha “noticia de esperanza para Galicia” que a multinacional “rectifique a súa postura” e “se aveña a negociar” para “atopar unha solución” á situación actual da factoría de A Mariña.
“A postura firme do goberno de España fronte a multinacional marcou a presión institucional coordinada para o cambio de criterio da dirección da multinacional”, sinalou Gonzalo Caballero. Nesta liña, agarda que o posicionamento da empresa “sexa veraz e sen dobreces” a prol de manter a actividade industrial e o emprego, e considera que “é unha boa noticia pero non hai que confiarse, polo que hai que seguir pendentes”.
Por último, o máximo dirixente do PSdeG agarda que “se poida acadar unha solución coa maior celeridade polo ben dos traballadores, da comarca e da economía do país”, xa que “unha multinacional non pode impedir o futuro da planta, cando o goberno de España atopou un investidor interesado cun proxecto industrial para A Mariña”.