Site icon Crónica3.com A Mariña

Este venres as monitoras de Gaia, do Concello de Burela, deron unha charla aos alumnos de 4°de Primaria do CEIP Virxe do Carme, titulada O chan e o inodoro non son papeleiras nin contedores de lixo. Esta actividade formou parte das programadas para celebrar o Día Mundial da Educación Ambiental que tivo lugar o pasado martes, 26 de xaneiro

As monitoras explican que “intentamos concienciar aos rapaces das repercusións que ten para o medio ambiente e para a economía tirar ao chan ou no wc residuos. Fixemos fincapé no tema de tirar as toalliñas húmidas polo inodoro, xa que supoñen un importante problema, forman os tan temidos “fatbergs”, que bloquean as cloacas e colapsan as estacións depuradoras de augas residuais. En España tiramos ao redor de 10 quilos de residuos sólidos polo wc ao ano: bastonciños, artigos de hixiene feminina, aceite doméstico, preservativos, medicamentos… Isto debe cambiar, ten que quedar claro que o inodoro non é un contedor”. Desde Gaia engaden que “os residuos tampouco se poden tirar ao chan nin á natureza, e debemos reducir o consumo de produtos envasados con plásticos ou que conteñan micro plásticos”.

Exit mobile version