Para o rexedor “hai que ter en conta que Burela é un concello de referencia na pesca porque contamos cun porto pesqueiro dos máis importantes de todo o litoral cantábrico”.
Llano dixo que “agora mesmo hai unha preocupación no sector e en todo o ámbito da pesca derivada do Brexit. Hai outros asuntos que tamén preocupan, como as cotas ou a cuestións medio ambientais, pero agora mesmo, dado que se acaba de producir, o máis importante é o que deriva do Brexit, dos acordos que se fixeron ultimamente entre a Unión Europea e o Reino Unido”.
O alcalde de Burela explicou que “hoxe estivo por aquí o ministro Luis Planas e estivemos falando con el durante un conversa que resultou moi produtiva porque participou o sector e houbo preguntas e conclusións. E desde logo todo o mundo está pola labor de beneficiar ao sector náutico pesqueiro. Hoxe foi en Celeiro e máis adiante vai ser en Burela. Aos dous concellos preocúpanos que o sector vaia moi ben porque realmente dependemos moito del e queremos que se manteña esta actividade e se incrementen as súas posibilidades. Desde logo temos que traballar todos xuntos para que isto sexa unha realidade”.