Alfonso Fuente Parga (Benquerencia-Barreiros, 1971) deixa a concellería por motivos puramente profesionais. Chegou á corporación municipal en 2003 como número dous na lista popular encabezada por Luís Fraga (alcalde). Ao falecer este en 2005, Fuente Parga asumiu a alcaldía, cargo que desempeñou ata as eleccións dos 2019; dende entón exercía como portavoz do seu grupo. Destaca o apoio recibido por parte dos veciños dende que chegou á corporación municipal.
Pola súa parte, o que será o novo portavoz popular en Barreiros, José Manuel Gómez Puente (Cospeito, 1967), entrou na corporación de Barreiros no mesmo ano que Fuente Parga. Anuncia que dará continuidade ao magnífico traballo levado a cabo por Fuente. Indica que un dos seus obxectivos será o de manterse tan próximo como lle sexa posibles aos afiliados. Gómez Puente reside en Barreiros desde 1996, ano no que foi destinado profesionalmente a este municipio.