Site icon Crónica3.com A Mariña

Adiada a xornada 11 de Primera Feminina

 Burela, 21 de xaneiro, 2021. O Pescados Rubén Burela FS non viaxará a Zaragoza para disputar a xornada 11 de Primeira Feminina este sábado. Así foi resolto hoxe o aprazamento polo xuíz de competición da RFEF, debido ao confinamento de parte do equipo mariñán tras detectarse a finais da semana pasada un caso positivo Covid-19 entre as súas xogadoras.

Sen estrea da segunda volta

Esta será a segunda semana consecutiva para o Pescados Rubén Burela FS sen competición. A xornada pasada, coincidindo co inicio da segunda volta, foi aprazada por petición do Alcorcón FSF debido ás consecuencias do temporal de neve.

Despois de cumprir o protocolo marcado polo corpo médico e tras superar os test pertinentes, parte do grupo do Pescados Rubén está adestrando dende onte. A xogadora que deu positivo, que se atopa sen síntomas, permanecerá en illamento ata finais de semana, igual que o grupo de contactos directos dentro do equipo.

Exit mobile version