Lugo, 23 de xaneiro de 2021. A Xunta de Galicia destinou preto de 4,3 millóns de euros a un total de 2.803 axudas concedidas a 1.420 hostaleiros da provincia de Lugo, que se acolleron a algunha das tres liñas contempladas no primeiro plan de rescate da Xunta de Galicia. Así o explicou o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, quen destacou que o número de beneficiarios totais na provincia ascendeu a 1.420.
A cidade de Lugo foi a que percibiu un maior número de axudas, 912 en total, o que supuxo un investimento de máis de 1,7 millóns de euros. Neste primeiro plan de rescate posto en marcha pola Xunta, a maioría das axudas se corresponden á liña de autónomos.
Dos 4.297.450 euros dedicados a responder ás solicitudes de toda a provincia, na capital investíronse 1.717.900 euros. Outros hostaleiros de concellos lucenses moi castigados pola pandemia, peches e restricións tamén obtiveron importantes prestacións. É o caso de Monforte de Lemos, con unha partida de máis de 366.000 euros repartida entre 209 axudas; Viveiro, cunha cantidade de 320.000 euros para responder ás 170 solicitudes; Sarria, con 78 axudas ás que se destinaron preto de 200.000 euros; e Vilalba, concello no que 154 beneficiarios percibiron algo máis de 267.000 euros para facer fronte ás pérdidas pola crise saniaria.
No que respecta a Galicia, as axudas do primeiro plan de rescate xa chegaron a día de hoxe ao 90% dos máis de 40.000 solicitantes que cumpriron cos requisitos por importe de 66 millóns de euros. A capacidade de xestión no abonamento das axudas fixo que antes de rematar o prazo de solicitude xa se efectuaran o 70% dos pagos.
Segundo plan de rescate
O Goberno galego está a traballar no deseño do segundo Plan de rescate para autónomos, microempresas e sector da hostalaría pechado, aos que a Xunta destinará un mínimo de 50 millóns de euros adicionais, que se suman aos 86,2 millóns da primeira convocatoria. Deste xeito, nun prazo de 90 días a Xunta terá mobilizado preto de 140 millóns de euros destinados a axudas directas aos sectores mais afectados pola crise e as restricións sanitarias.
A gran diferencia co respecto ao primeiro plan desenvolvido pola Xunta é que terá unha xestión máis directa e con menos requisitos, o que permitirá axilizar os trámites para pagar mais rápido e chegar a mais xente.