Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta adxudica a redacción do proxecto construtivo para a mellora do abastecemento nos concellos de Ribadeo e Trabada

 Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2021. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de adxudicar a redacción do proxecto construtivo a mellora do abastecemento nos concellos de Ribadeo e Trabada.
Este contrato, cun investimento autonómico de máis de 18.000 euros, foi adxudicado á empresa Idom Consulting, Engineering, Architecture S.A.U. Os traballos contan cun prazo de execución estimado de 6 meses.
Os traballos a realizar consisten na redacción dun proxecto construtivo para o desenvolvemento a nivel de detalle da alternativa seleccionada e validada por ambos concellos, para dar solución ao deterioro das redes municipais de abastecemento de auga deste municipios.
Este novo contrato de Augas de Galicia é o resultado do estudo de alternativas realizado previamente, no que se analizou a substitución da condución de abastecemento actual, que se atopa nun estado deficiente, por un sistema eficiente e tecnicamente viable.
Con esta actuación, a entidade hidráulica da Xunta segue a impulsar as tarefas para definir as obras necesarias para solucionar os problemas de abastecemento de ambos os dous municipios.
Cómpre lembrar que a Xunta e os Concellos de Ribadeo e de Trabada acordaron impulsar conxuntamente unha solución ao problemas de abastecemento de ambos os dous municipios, co cofinanciamento, tamén, da Deputación provincial de Lugo e a Confederación Hidrográfica do Cantábrico.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade mantén a súa vontade de cooperar cos municipios para que poidan garantir o abastecemento de auga á poboación, de acordo coas súas competencias municipais.

Exit mobile version