Cervo, 20 de Xaneiro, 2021. A plataforma coordinadora das empresas auxiliares de Alcoa San Cibrao en xuntanza extraordinaria analizou o preacordo do comité de Alcoa coa dirección da multinacional.
Vemos o acordo como moi positivo, un desbloqueo da situación de folga sempre é beneficioso xa que o que todos estamos desexando é ter, por fin, un final feliz a esta loita que nos leva sometidos a unha gran carga a toda a mariña lucense durante xa máis de 9 meses.
Débese traballar para que a fábrica sexa vendida e para iso é necesario desbloquear a situación actual e que a planta sexa vendida co 100% dos postos de traballo e o 100% da producción.
Tamén vemos positivo, que o parecer de esta cordinadora, no momento que Alcoa toque postos de traballo tanto de Alcoa como das auxiliares rematará a paz social.
As empresas auxiliares non participarán no referendum dos compañeiros de Alcoa, por un problema de vinculación legal na mesma. O poder ser impugnada dita votación si participan traballadores que non teñen relación contractual con Alcoa.
Queremos recordar que a folga das auxiliares segue convocada e en activo, folga que será debatida o seu futuro nunha próxima asamblea de delegados/as de empresas auxiliares.
Por último, aunque non menos importante, queremos mandar o noso apoio ao compañeiro despedido de Dominium e a toda a plantilla.
Esta cordinadora, como non pode ser de outra forma, está a vosa enteira disposición para o que precides e para secundar as vosas decisións sobre a problemática.