Coa venda do edificio conclúe o convenio establecido polo Concello co Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS). Hai que recordar que o Concello adquiriu no seu momento este inmoble co obxectivo de poñer en marcha un proxecto social. Esta iniciativa supuxo un investimento de 300.000 euros na adecuación das dúas primeiras plantas e a creación de trece postos de traballo na actualidade, investimento asumido pola propia Fundación.
A Fundación Dignidade é unha entidade social non lucrativa que traballa con persoas de cara ao futuro, a través de programas e proxectos creativos, para propiciar o cambio por medio do bo trato e da dignidade humana. Iniciou a súa actividade no concello de Mondoñedo no 2020, coa xestión do servizo de programas de intervención en réxime de acollemento residencial e de atención de día para menores. Xurdiu así a Minirresidencia Dignidade Mondoñedo, que creou 13 empregos. En novembro do ano pasado, a Fundación participa na subasta convocada polo Concello deste edificio, sito no número 9 da avenida das San Lucas. Na mañá de hoxe formalizouse na notaría a adxudicación.
A Fundación pretende ampliar o espazo da minirresidencia no segundo piso do inmoble e crear unha vivenda de inclusión social no baixo cuberta. O terceiro piso está previsto para a creación dun proxecto de emprendemento social en forma de aloxamento turístico.