Na sinatura, á que tamén acudiu a concelleira de servizos sociais, Carmen Veiga rubricaron o compromiso da institución provincial de apoio aos concellos para o desenvolvemento e prestación dos servizos básicos.
Desde o Concello de Barreiros explican que destinarán estes fondos á adquisición de mobiliario sociosanitario, como camas articuladas ou grúas para persoas con mobilidade reducida, que se destinan a préstamo a persoas usuarias de servizos sociais, “co fin de renovar un material obsoleto na práctica que dificulta o seu emprego por tamaño e peso.”
A alcaldesa manifestou o agradecemento á Deputación de Lugo por “seguir colaborando co Concello de Barreiros en mellorar os servizos que se prestan ás veciñas e veciños, ampliando medios e adaptándoos ás necesidades actuais.”
“O Concello de Barreiros atende actualmente a 67 persoas no servizo de axuda no fogar e, tras ter ampliado o mesmo no 2020, actualmente non conta con lista de agarda”, explicou Carmen Veiga.
Ademais do material sociosanitario, o convenio asinado tamén servirá para a renovación do material ofimático do departamento; permitindo unha maior axilidade no traballo técnico e administrativo.