Barreiros, 12 de xaneiro de 2021. A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, asinou na mañá de hoxe xunto co presidente da Deputación, José Tomé, un convenio por importe de 20.000 euros que o Concello de Barreiros destinará a mellorar material de servizos sociais.
Na sinatura, á que tamén acudiu a concelleira de servizos sociais, Carmen Veiga rubricaron o compromiso da institución provincial de apoio aos concellos para o desenvolvemento e prestación dos servizos básicos.
Desde o Concello de Barreiros explican que destinarán estes fondos á adquisición de mobiliario sociosanitario, como camas articuladas ou grúas para persoas con mobilidade reducida, que se destinan a préstamo a persoas usuarias de servizos sociais, “co fin de renovar un material obsoleto na práctica que dificulta o seu emprego por tamaño e peso.”
A alcaldesa manifestou o agradecemento á Deputación de Lugo por “seguir colaborando co Concello de Barreiros en mellorar os servizos que se prestan ás veciñas e veciños, ampliando medios e adaptándoos ás necesidades actuais.”
“O Concello de Barreiros atende actualmente a 67 persoas no servizo de axuda no fogar e, tras ter ampliado o mesmo no 2020, actualmente non conta con lista de agarda”, explicou Carmen Veiga.
Ademais do material sociosanitario, o convenio asinado tamén servirá para a renovación do material ofimático do departamento; permitindo unha maior axilidade no traballo técnico e administrativo.
Barreiros adquirirá material para servizos sociais a través dun convenio coa Deputación
Barreiros adquirirá material para servizos sociais a través dun convenio coa Deputación
Relacionado
-
Programación do Concello de Xove co gallo do 25N
-
Alfoz presenta o programa “Libres e iguais: cada día máis fortes” para conmemorar o 25N
-
O PP pedirá o apoio na Deputación para esixir ao Goberno central a convocatoria da mesa de Alcoa e medidas de apoio para garantir a viabilidade da planta da Mariña