Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación de Lugo inviste 5M€ na comarca da Mariña co Plan Único 2021

 Lugo, 5 de xaneiro de 2021. A Deputación de Lugo inviste 5M€ na Mariña a través do Plan Único de Cooperación cos Concellos 2021. As bases xa foron aprobadas no Pleno de decembro e neste mes de xaneiro abrirase o prazo para que cada entidade local poida solicitar os investimentos e accións a financiar con estes fondos provinciais.

Os concellos de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove percibirán este recursos económicos para manter e mellorar servizos e infraestruturas, fomentar o emprego e impulsar o tecido produtivo e asociativo, entre outras actuacións encamiñadas a atender as necesidades dos seus veciños e veciñas.

O aumento da dotación económica do Plan Único ata os 21,5M€ e a aprobación das bases, por primeira vez dende que existe o programa, no ano anterior ao seu período de vixencia son dúas das novidades do Plan deste ano, xunto á posibilidade que terán os concellos de imputar xa dende principios de ano gastos de contratación e a apertura dunha nova vía, dentro da liña Covid, para apoiar ao sector servizos, tanto á hostalería, como o comercio e o turismo, actividades das máis gravemente afectadas polo impacto da crise provocada pola pandemia.

A distribución dos fondos faise en función de criterios obxectivos, como a poboación, a superficie, a dispersión territorial e a taxa de envellecemento. Ademais, como en anos anteriores, fíxase un máximo de 500.000€ para os concellos de máis habitantes, e de 200.000€ para os concellos que teñen menos.

Distribución dos fondos por concellos da Mariña

Exit mobile version