A Delegación de Cultura do Concello de Ribadeo anuncia que pospón a súa programación de xaneiro e febreiro “por mor da situación de pandemia, á espera de volver a partir do mes de marzo”
redac
O 31 de xaneiro estaba previsto que a compañía teatral Chévere representase Curva España. A maiores había programados os espectáculos de Raquel Queizás e Fátima Fernández, para nenas e nenos, que tamén terán que esperar.