Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña vén de recibir unha subvención para desenvolver o Programa “Velando pola miña saúde integral II”

 Burela, 7 de xaneiro, 2020. A Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña vén de recibir unha subvención para desenvolver o Programa “Velando pola miña saúde integral II”. Este programa está a ser cofinanciado, a través da Consellería de Emprego e Igualdade, pola  Secretaría Xeral da Igualdade  a través da subvención destinada á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, para o ano 2020
O obxectivo polo que se está a traballar é prestar apoio ás usuarias da Unidade Residencial e da Vivenda Tutelada para Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero con Enfermidade Mental na atención integral da súa saúde, continuando así un ano máis cun programa que é fundamental para elas e que contribúe significativamente na mellora da súa calidade de vida.

Exit mobile version