Venres 11 de decembro
19:00h. Acto de Inauguración. 19:15h. Conferencia. “A invención do Celtismo”. Prof. Dr. D. Ramón Villares Paz. Catedrático de Historia Contemporánea, Universidade de Santiago de Compostela
Sábado 12 de decembro
12:00 h. Conferencia. “Prácticas epigráficas urbanas y extraurbanas en el conventus lucensis”. Prof. Dr. D. Juan Manuel Abascal Palazón. Catedrático de Historia Antiga, Universidade de Alicante
17:00h. Conferencia. “Nós fixemos Mondoñedo: osteoloxía e isótopos estables en individuos medievais”. Patxi Ramallo Pérez. Bioarqueólogo
Domingo 13 de decembro
12:00 h. Conferencia. “La muralla de Mondoñedo: morfología y funcionalidad de un monumento desaparecido”. Dr. D. Javier Gómez Darriba. Doutor en Historia da Arte
O prazo de matrícula para poder participar nelas segue aberto ata o día 11 ás 14:00h. A participación será a través da plataforma Zoom.
A outra modalidade de participación sería a través da plataforma “The Mondonedo Valley” na súa páxina de youtube, na que se emitirán as conferencias en directo.
Para poder acceder á plataforma ZOOM, será preciso inscribirse no curso facilitando nome, DNI e e-mail ao Concello de Mondoñedo a través dunha chamada ao teléfono 982 52 40 03, ao teléfono 982 50 71 77, ou directamente enviando estes datos ao seguinte enderezo de correo electrónico xornadas.arqueo@gmail.com.
O enlace de acceso correspondente a cada conferencia enviarase 1h antes da mesma ao e-mail especificado na matrícula. A sala abrirase 15 minutos antes de comezar a intervención.
Este ano o Concello conta coa colaboración para a execución desta xornada telemática de dúas universidades como son a Universidade Rey Juan Carlos e a Udima de Madrid