Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro informa que a Oficina de Turismo vai permanecer pechada por contacto directo do seu persoal da oficina cun positivo por Covid-19, atopándose en corentena á espera dos resultados da PCR

Mentres a oficina permanece pechada, por prevención vaise realizar unha labor de desinfección completa. Na porta da oficina están os códigos QR de todos os folletos do Concello de Viveiro, por se algún visitante quixera acceder aos mesmos, podendo descargar así mesmo a App do concello na que se pode consultar toda a información.

Exit mobile version