Alfoz, 24 de decembro, 2020. Este xoves o alcalde de Alfoz, Jorge Val recibiu a visita de Iván Marrube e Javier Carreiras que hai uns días viron recompensada a súa gran labor como apicultores ao recibir o máximo galardón nas variedades de monofloral e multifloral na XIX Cata dos Meles da Consellería de Medio Rural.
Trouxeron as mostras do seu traballo, o mel “Ouro Puro” que produce e comercializa Iván Marrube e “O Poder das Flores” de Javier Carreiras, nas que hai que destacar non só a calidade senón a presentación coidada do produto.
Para o Concello de Alfoz tamén é unha honra este recoñecemento a dous xóvenes emprendedores que ven na producción de mel o seu futuro, vivindo no rural e aproveitando a riqueza natural da nosa contorna.
Son, sen dúbida, inmellorables embaixadores do Concello de Alfoz a través da calidade da súa mel, resultado dun traballo ben feito.