Comezou o encontro da xornada 13 con intensidade, recursos e ganas de mover o balón por ambas as filas, con boas actuacións baixo paus. Tras dúas boas chegadas dos galegos, con Quintela e Lucho, Kaluza freou as intencións locais ante Gabriel Vasques e Pedro. Cumpríase o 7 de xogo e creceu o perigo sobre a rede navarra, con Gus como amuleto. Iago Míguez avisou na contra de Renato; o 5 burelista volveu a merodear desde balón parado; tamén o tentou Matamoros por arriba e Pitero chegando demasiado escorado. Superada a medianía do primeiro acto, aproveitaron os de Pato para adiantarse, nun roubo en primeira liña de David que cazou Dani Martín no rexeite, con Pitero en sobre a liña meta. O gol outorgou máis control ao Ribera, diminuíndo a incidencia das filas mariñás.
Volveu Pescados Rubén ao parqué apertando, aínda que a primeira ocasión foi para Ribera, nunha falta, con Kaluza infranqueable. O meta burelista sacou un pé moi oportuno fronte a Gabriel Vasques pouco máis tarde. Iago e Mata no minuto 28 non atoparon a conexión necesaria fronte á portería local. Os pupilos do Mariskal non cesaron no seu empeño e a igualada chegou no minuto 29, cun pase de Renato a Javi, que culminou Matamoros fronte á portería. Pazos aliouse con Kaluza para manter o empate no ecuador da segunda parte e o polaco volveu facer acto de presenza en dous tempos freando a Gabriel Vasques e Pedro en dous tempos. Continuaron no seu pulso navarros e galegos, cun xogo máis directo dos burelistas, e chegou a recompensa. Lucho conseguiu adiantar a falta de 3 minutos, superando pola banda a Gabriel Vasques. Aspil Jumpers respondeu con porteiro xogador; perdoaron o terceiro os galegos no 38 por partida dobre, pero conseguiron manter a recado os tres puntos con aposta de cinco dos locais ata a bucina final.
Ficha técnica
Aspil Jumpers Ribera Navarra: Gus, David, Nil, Javivi, Dani Martín, cinco inicial; tamén xogaron Gabriel Vasques, Uge, Sena, Pedro, Terry, Pablo Ibarra.
Pescados Rubén Burela FS: M. Kaluza, Lucho, David Pazos, Álex Diz, Quintela, cinco inicial; tamén xogaron Matamoros, Renato, Javi Rodríguez, Iago Míguez, Pitero
Goles: 1-0, minuto 11, Dani Martín; 1-1, minuto 29, Matamoros; 1-2, minuto 37, Lucho
Árbitros: N. Rodríguez Villanueva // Sarabia Eguiluz. Por Ribera amarela para Terry (minuto 18), David (minuto 28), Gus (minuto 38). Por Burela amarela a Álex Diz (minuto 22), Matamoros (minuto 28), Renato (minuto 29), Pitero (minuto 36).
Incidencias: Partido correspondente á xornada 13 de Primeira División Masculina disputado no Ciudad de Tudela