A duración é de 60 horas, das que 50 serán impartidas online e 10 son presenciais, como ocorreu na xornada de onte, luns, co inicio do devandito curso. O presidente de Apaga, Álvaro Doural, lembrou que “se trata dun curso para pilotar drons ata uns vinte quilos de peso. Ao seu remate os asistentes obterán un título oficial, recoñecido pola Agencia Estatal de Seguridad Aérea do Ministerio de Transporte, Movilidad y Agenda Urbana” Doural engadiu que “había presa por facer este curso dado que a partir do 1 de xaneiro vai cambiar a normativa e non se sabe moi ben como vai ser”.