Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación da V Run Foz Run Nadal

 Foz, 5 de decembro, 2020. Este venres foi presentado a V Run Foz Run Nadal, que terá lugar o vindeiro 20 de decembro.

O Club Atletismo Ría de Foz organiza xunto co Concello de Foz esta
especial edición pola situación epidemiolóxica que estamos a vivir.

Gema Méndez Leivas, concelleira de Xuventude e Deportes destacou que os esforzos dos nosos clubs na súa actividade diaria é algo que valoramos moito, pero se cabe máis nestas circunstancias. Desde o Concello animamos a participar nesta carreira, na que haberá probas para todas as categorías e na que se conta con medidas especiais de prevención de contaxio da Covid19, recollidas no seu protocolo. Apostamos pola práctica deportiva de forma segura, como o vimos facendo tamén no desenvolvemento das diferentes actividades como o programa Aberto x vacacións, durante o verán, ou as nosas Escolas Deportivas Municipais, activas durante o curso escolar.

Manuel Eiras, presidente do Club Atletismo Ría de Foz, amosouse moi
ilusionado con esta nova edición, unha das poucas probas que se
realizarán debido á situación que estamos a vivir. Comentou os
traballados trazados das diferentes probas, nos que o porto é o
protagonista nesta ocasión. Entre as medidas adoptadas, destacou as
saídas en tandas e o gran desplegue de persoal voluntario que haberá
para este gran evento. Quixo agradecer o apoio do Concello, do comercio, representado polo presidente da ACIA de Foz, José Carlos Paleo, así como de Manolo Cadramón, xefe do servizo provincial deportes da Xunta de Galicia.

As inscricións están abertas en: championchipnorte.com

Exit mobile version