Site icon Crónica3.com A Mariña

Por Nuestro Faro insiste na alegalidade do proxecto da cafetería da Illa Pancha

Ribadeo, 15 de decembro, 2020. Dende “Por Nuestro Faro”, en defensa dunha illa Pancha de todos e para todos, a semana pasada enviamos un escrito ó sr. Alcalde de Ribadeo volvendo a poñer claro algúns dos múltiples puntos que consideramos están a ser, como mínimo, alegais. e pedindo información sobre o seu tratamento. Enviamos o corpo do texto enviado, resaltando algún dos puntos:
“Como vostede debe coñecer, no mes de maio de 2020 a Xunta de Goberno do Concello de Ribadeo aprobou a concesión de licenza de obra para o proxecto de ‘REFORMA DOS GARAXES ANEXOS AO FARO DE ILLA PANCHA PARA DESTINALOS A CAFETERÍA’.
Posteriormente, tras comprobar que o proxecto desta nova obra non estaba incluído no proxecto inicial que deu lugar a concesión para uso turístico do antigo faro, o colectivo ‘POR NUESTRO FARO’ presentou unha alegación ao abeiro dos seis informes do Defensor del Pueblo emitidos entre o 17 de febreiro de 2017 e o 10 de outubro de 2018.
Como Ve. debe saber, os informes do Defensor del Pueblo poñían especial fincapé, entre outros puntos críticos co proxecto, na carencia de Estudo de Impacto Ambiental Simplificado que esixe o artigo 7.2 da lei de Avaliación Ambiental (21/2013 de 9.XII). Aínda máis, nos dous últimos informes o Defensor daba conta da aceptación por parte da Autoridade Portuaria da recomendación para que se realizase E. I. A. Simplificado, pero este non chegou a realizarse. Sin embargo, a Xunta de Goberno do Concello de Ribadeo desestimou a nosa alegación afirmando que no expediente actual non procedía entrar a valorar os devanditos informes do Defensor.
Insistimos en que as obras actuais non estaban previstas en ningún momento, nin en ningún proxecto dos que deron pe á concesión inicial, polo tanto non foron avaliadas en ningún momento por ningún dos organismos participantes neste expediente, dependentes maiormente da Xunta de Galicia.
Chegados ao intre actual, atopámonos con que na Illa Pancha están actuando dúas palas mecánicas, e non das máis pequenas, se ben non podemos afirmar que sexa por mor da obra da cafetería no garaxe devandito ou por outras actividades que descoñecemos. Se así fose trataríase de un novo proxecto que tampouco foi publicitado nen avaliado. En todo caso, queremos suliñarlle que na consulta que fixemos ao expediente da nova cafetería, no mes de xuño de 2020, non atopamos ningunha referencia ás actividades das devanditas palas.
Pola outra banda cómpre suliñar que o acceso libre á illa, que esixía a concesión de licencia de actividade dos apartamentos de data 1/12/2017 segue sen aplicarse (como tamén Ve debera saber), polo tanto as escavacións que poderían efectuar as devanditas palas non son visíbeis senón a moita distancia.
Por todo o anterior agradeceríamos que nos informe se as devanditas palas mecánicas están actuando por mor da obra de reforma do garaxe para cafetería e en que consistiría esa actuación, habida conta de que resulta un pouco estraño que a simple reforma de un local para cafetería precise unha nova escavación no terreo da illa. Polo demais, insistimos en que esa actividade nunca foi avaliada por autoridade algunha con competencia en Medio Ambiente.”

Exit mobile version