Ao acto, á parte do autor, asistiron Manuel Núñez (representante da editorial Fervenza), Fernando Redondo (Presidente da Fundación Neira Vilas), Xosé Manuel Lobato (membro do Xurado que elixiu ao gañador), Bernardo Penabade (prologuista da obra) e Antón Caxoto (autor do deseño da portada do libro). Contouse tamén coa actuación dun cuarteto de corda con músicos das escolas de música de Burela e Xove: Bruno Pedre, Xacobe Pedre, Eva Lastra e Gabriela Pedre.
A obra gañadora desenrólase arredor da temática do despoboamento rural en Galicia. Catro vellos, os últimos habitantes da aldea de Montouto, únense para intentar salvar a súa aldea e o seu modo de vida. Unha historia triste, como son moitas das historias dalgunhas aldeas galegas que se están quedando sen xente.