Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas do Vicedo alertan de que a oficina de Abanca estará varias semanas sen abrir

O Vicedo, 13 de de decembro, 2020. O próximo 25 de decembro, día de Navidade, é venres. O próximo 1 de xaneiro de 2021, día de Aninovo, é venres. A oficina de Abanca no Vicedo só abre os venres. Esto quere dicir que desde o próximo venres, día 18 de decembro, a oficina de Abanca no Vicedo non volve a abrir ata o venres día 8 de xaneiro de 2021. (21 días pechada).
Deste xeito as persoas xubiladas non poderán “cobrar” a sua pensión ata o día 8 de xaneiro.
Os empresarios e autónomos non poderán realizar ningunha operación ata o día 8 de xaneiro.
Tampouco ningún veciño/a do Vicedo poderá dispoñer dos seus cartos ata o 8 de xaneiro.
Como portavoz do grupo municipal socialista acabo de poñerme en contacto co alcalde para que , desde o concello, se fagan as xestións oportunas para que esas dúas semanas a oficina de Abanca no Vicedo se abra outro día hábil.

Vicente César Parapar Carreja
Portavoz grupo municipal no concello do Vicedo.

Exit mobile version