Abadín, 22 de decembro de 2020. O Voceiro do PSOE en Abadín, Pablo Díaz López, avanzou hoxe que rexistrou a petición dunha convocatoria para que se celebre un Pleno Extraordinario, co fin que se debatan dúas propostas que contribúan a mellorar a calidade de vida das veciñas e veciños e as nosas dotacións.
“Por unha banda é necesario mellorar o servizo deficitario de pediatría, e por outra, demandamos a construción dunha residencia na vila. Son dúas mocións que rexistramos fai mais de 4 meses no Concello, pero a dia de hoxe, unha vez máis atópenos coa desidia do Alcalde que segue sen dar resposta ás nosas demandas”, insistiu Díaz López.
Dende a Agrupación Socialista de Abadín “imos seguir traballando para defender os intereses das nosas veciñas e veciños. Non podemos entender a política de brazos cruzados do Alcalde, na que cada vez que se presenta un problema, mira cara outro lado”.
“Anunciamos que demandamos un pleno extraordinario para poñer enriba da mesa os problemas que preocupan á nosa veciñanza. O servizo de pediatría é deficitario, seguirmos tendo carencias e ninguén se move para resolvelas E tamén solicitamos a creación dunha residencia na vila, creemos que é un servizo fundamental nun concello cunha poboación tan envellecida como Abadín”, resumiu o Voceiro Socialista.