Site icon Crónica3.com A Mariña

O xurado do Concello de Foz fallou o concurso de postais de Nadal 2020

 Foz, 22 de decembro de 2020. O xurado do Concello de Foz fallou o concurso de postais de Nadal 2020, no que participaron nenas e nenos dos centros educativos do municipio.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, destaca que “a calidade dos traballos é moi boa. Nótase o esforzo que fixeron para poñer unha nota de alegría neste difícil ano 2020 que nos tocou vivir”.

O Concello de Foz agradece os traballos presentados e anima a todos os non premiados “a seguir pintando e debuxando tan ben como o fixeron neste concurso”,

A felicitación institucional do Concello de Foz neste Nadal 2020 será a postal gañadora na categoría xuvenil, obra de Irene Fernández Martínez, de 12 anos de idade.

Os premiados son os seguintes:
Infantil ata 6 anos: Jaime Fernández Cuervo (3 anos) do CEIP nº 1 de Foz, 1º premio. Sara Longarela Riveira (6 anos) do Colexio Nosa Srª do Pilar, 2º premio.
Infantil de 7 a 10 anos: Clara Muiña Novoa (9 anos) do Colexio Nosa Srª do Pilar, 1º premio. Xiana Rei López (9 anos) do CEIP nº 1 de Foz, 2º premio.
Xuvenil de 11 a 16 anos: Irene Fernández Martínez (12 anos) do IES de Foz, 1º premio. Fernando Alexader León Cosme (13 anos) do CEIP nº 1, 2º premio.

Exit mobile version