Site icon Crónica3.com A Mariña

Este mércores, 6 de xaneiro, non haberá mercado semanal en Ribadeo ao tratarse dunha xornada festiva de carácter estatal

O concelleiro de Desenvolvemento Local e Comercio, Pablo Vizoso, explicou que “por ser unha xornada festiva de ámbito estatal e un día moi especial para as familias e a súa xente miúda, non teremos o mercado semanal dos mércores”. O primeiro mercado semanal de 2021 será o 13 de xaneiro. Vizoso Galdo aproveita a ocasión para desexarlles ás e aos ribadenses “un feliz aninovo, no que todos xuntos poidamos ir vendo a claridade ao final do túnel que supuxo a chegada do covid ás nosas vidas”.

Exit mobile version