Viveiro, 2 de decembro, 2020. Una vez confirmado o regreso da hostalería en Viveiro (Lugo), o Restaurante Panorámico do Resort Las Sirenas volve abrir as súas portas desde esta fin de semana.
Para celebrar esta reapertura o restaurante con vistas sobre a ría de Viveiro acolle unha nova etapa do “Camiño Gastronómico do Mar”, as xornadas gastronómicas promovidas pola Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo e a Asociación Amigos do Camiño do Mar para promocionar esta ruta xacobea que comunica por terra o Camiño Norte e o Camiño Inglés a Compostela.
Durante esta fin de semana, en horario de mediodía, o Thalasso Cantábrico Las Sirenas ofrece cinco receitas especiais elaboradas con dous dos peixes máis representativos da lonxa de Burela: a pescada do pincho e o peixe espada:
“Popietas de pescada do pincho de Burela recheas de gambón, touciño entrefebrado e allos porros en emulsión de allada galega e xuliana de verduriñas”.
“Pescada do pincho de Burela gratinada á muselina de allo con grelos salteados e pataca panadeira”.
“Peixe espada á brasa con pemento escalibado e pataca ao vapor”.
“Crocante de peixe espada con maionesa de wasabi”.
“Peixe espada en adobo con salsa de menta e timbal da horta”.
Aínda que durante o mes de novembro o restaurante continuou ofrecendo servizo “take away” durante as fins de semana, é agora por fin cando reabre as súas instalacións situadas na azotea do Hotel Thalasso Cantábrico, con espectaculares vistas sobre a ría de Viveiro.
O restaurante estará aberto todos os días de 13:30h a 17:30h, ademais de manter operativo o seu servizo “TAKE AWAY by THALASSO” ofrecendo os pratos da súa carta para levar á casa. Os pedidos e reservas poderán facerse no teléfono 635508191.
Aínda que os seus hoteis aínda permanecen pechados, mantéñense operativos os Apartamentos As Sirenas, cos que se pode contactar no teléfono habitual 982560200.