Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP, satisfeito pola entrada en servizo da granxa experimental de leite na Gaioso Castro, e lembra que a iniciativa foi deseñada e impulsada polo goberno provincial presidido por Candia

 Lugo, a 15 de decembro de 2020. O grupo provincial do PP considera, en palabras do seu portavoz, Javier Castiñeira, que “a posta en marcha da granxa experimental de leite, dentro das instalacións da Granxa Gaioso Castro que a Deputación de Lugo ten en Castro de Rei, é unha estupenda noticia , que seguro dará os seus froitos, tanto na aprendizaxe dos alumnos da Facultade de Veterinaria e da Politécnica, como tamén en investigacións na mellora da produción leiteira, na que Lugo é un referente”.

Castiñeira lembra as orixes desta iniciativa. “Dende o grupo provincial popular queremos recordar que este é un proxecto ideado no ano 2015, no goberno presidido por Elena Candia, no que era responsable de Medio Medio Rural José Ulla; ese goberno avanzou esta idea e déronse os primeiros pasos para levala a cabo, creando unha comisión coa Universidade de Santiago. Esta iniciativa respondía na súa orixe a idea de modernizar a unidade de leite da Granxa Gaioso Castro, evitando facer competencia desleal aos gandeiros”.

O portavoz dos populares sinala: “Congratulámonos de que, despois da posta en marcha desta iniciativa, o socialista Darío Campo seguira o camiño marcado por Elena Candia e José Ulla e que hoxe sexa unha realidade”.

Castiñeira declara: “As institucións están para traballar e colaborar, neste caso a Deputación de Lugo e a Universidade de Santiago que cofinancian este proxecto. Consideramos que é unha maneira de dar solución a un problema que tiña a propia granxa e de apostar pola formación e pola investigación; é un moi bo día o de hoxe, de inicio de actividade desta granxa experimental e esperamos que dea os seus froitos o antes posible e que por ela pasen moitos lucenses para formarse e investigar, e que redunde no sector leiteiro lucense, que é moi importante para a economía da nos provincia”.

Exit mobile version