Ribadeo, 16 de decembro de 2020. O Grupo Municipal do Partido Popular de Ribadeo súmase ás queixas de veciños e comerciantes sobre a situación de insalubridade que presenta a rúa Ramón González que se atopa chea de excrementos das pombas. É por iso que a vicevoceira, Elena Sierra, lle pide ao goberno local do BNG “que se poña mans á obra” e que “non se demore máis no reforzo na limpeza” das rúas da localidade.
A vicevoceira comprobou persoalmente a situación da rúa e, polo tanto, entende o descontento dos veciños e comerciantes desta transitada rúa onde se ubican comercios, unha farmacia e que, ademais, da paso directo á praza de abastos.
Sierra explica a existencia dun edificio abandonado nesa rúa que presenta moi mal estado e que, ademais, pode servir de acubillo ás pombas. Por iso, urxe ao goberno local do BNG a tomar algunha medida ao respecto.
Dende o Grupo Municipal do PP fan tamén un chamamento aos propietarios dos cans para que recollan os seus excrementos. “Entre todos, podemos manter Ribadeo limpo”, sinala.