Site icon Crónica3.com A Mariña

O mariñan Cristóbal Rodríguez, novo delegado federativo de pentatlón para Madrid

 Viveiro, 14 de decembro, 2020. A comisión delegada da Federación Española de Pentatlón Moderno nomeou ao Pentatleta Internacional Viveirense, Cristobal Rodriguez Fidalgo, Novo Delegado para a Comunidade Autónoma de Madrid.

Rodriguez, graduado en Arquitectura e Edificación pola U.P.C cun Máster en Deseño Gráfico, posúe ademais o título de Adestrador Nacional de Pentatlón Moderno con dous posgraos en xestión de instalacións e entidades deportivas pola Universidade de Nebrija, e un Máster en Coaching e Alto Rendemento Funcional Deportivo pola Escola Europea do Deporte. A súa preparación académica e o feito de ser políglota, unido á ampla experiencia deportiva tanto nacional como internacional e empresarial do Viveirense, quen ademais é un home da casa, pesaron a favor da súa designación para ocupar a “Delegación Autonómica de Madrid” que é a máis grande de España, a designación se realizou por unanimidade dado que a maiores o mariñan é considerado unha persoa cun carácter unificador e dialogante.

Por diante, Cristóbal Rodriguez ten un inxente labor nun ano complicado pola pandemia, pero entre os seus principais obxectivos está o facer chegar este fermoso deporte Olímpico ao gran público e desterrar o concepto de que é un deporte caro e para ricos, para o que comezou pola base, visitando os centros educativos de primaria e secundaria de toda a comunidade, así como os distintos clubs e asociacións deportivas, co claro obxectivo de sentar unhas boas cimentacións que permitan progresar e adaptarse aos novos tempos.

Exit mobile version