Site icon Crónica3.com A Mariña

O mago Rafa chega este sábado a Burela con ‘Shukran’

 Burela, 10 de decembro, 2020. O mago Rafa actuará en Burela, o sábado ás 20:30 horas na Casa da Cultura, dentro da programación cultural da Delegación Municipal de Cultura e da Rede de Teatros e Auditorios de Galicia.
Despois de máis de 20 anos realizando actuacións por diferentes escenarios e prazas, chegou o momento de agradecer a enorme felicidade que o equipo de Rafa sente cada vez que actúa. A súa mellor tarxeta de presentación son os centos de clientes satisfeitos, as miles de actuacións realizadas, o boca a boca e a profesionalidade que caracteriza á compañía. Paixón, dedicación, proximidade e por suposto, un traballo por tentar ser sempre un pouco mellor son os piares nos que se basean desde que comezou a súa aventura no marabilloso mundo do espectáculo.

Para continuar esta aventura crearon un novo espectáculo, adaptado aos novos tempos, que leva por título “SHUKRAN”.

SHUKRAN é un espectáculo para gozar en familia, o obxectivo é que cada representación sexa unha auténtica festa. Como en toda festa primará a alegría, a diversión e por suposto as sorpresas.

Os que xa coñecedes a Rafa traballando sabedes que a súa maxia é tan incrible que cada momento é único e irrepetible, e se non o coñecedes esta é a vosa oportunidade de velo no seu estado máis puro, seguro que vos encandeará coa súa ilusión, a súa alegría e a súa elegancia sobre o escenario.

As entradas , en despacho de billetes ,a partir das 17:30 horas.

Exit mobile version