1º premio (300€): “Mar de néboa” de Miguel Paz Sixto
2º premio (200€): “A la luz de la luna” de Bruno Fernández Pereira
3º premio (150€): “A ponte antiga” de Manuel López Méndez
Participaron 27 fotógrafos aficionados que presentaron un total de 51 fotografías a concurso. O noso agradecemento e a nosa noraboa a todos eles pola calidade e orixinalidade das obras. O xurado, composto por Santiago Otero de Vossaphotography, Jorge Val, alcalde de Alfoz e Marisa Goás, Concelleira de Cultura non o tivo nada fácil para elixir as 3 fotografías gañadoras.
“Mar de néboa” será o fondo da felicitación de Nadal do Concello de Alfoz.
Proximamente publicaremos na nosa web: www.concellodealfoz.com, e redes sociais todas as fotografías co título e nome do autor/a, as cales formarán parte da exposicón “Alfoz no outono” que se poderá visitar no Castelo de Castro de Ouro a partir do 27 de decembro. Lembramos que o Castelo está aberto sábados, domingos e festivos de 12.00h a 20.00h.
Este primeiro concurso de fotografía, incluído no Plan Único da Deputación Provincial dentro da Área de Turismo, terá continuidade o vindeiro ano polo que animamos e invitamos a todos os aficionados á fotografía a continuar elixindo Alfoz como lugar para realizar a súas instantáneas.