Debido ao alto número de casos de Covid-19 que neste momento ten o Concello, cun incremento contínuo de casos, decidiuse supender as actividades do Programa de Nadal previstas para os vindeiros días. A decisión trata de preservar a saúde de todos. Polo tanto, suspéndese a videoproxección da curtametraxe de Xacio Baño “Augas abisais” que estaba prevista para este sábado 26 de decembro, e tamén suspéndese a función de teatro de o Pico do Castro con ‘O Terapeuta’ que estaba prevista para este domingo 26 de decembro.