Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro promocionará o seu potencial como destino vinculado á practica deportiva no Congreso Ibérico de Turismo Deportivo

 Viveiro, 11 de decembro de 2020. O Concello de Viveiro participará no II Congreso Ibérico de Turismo Deportivo, que se celebrará en Ourense, os días 16 e 17 de decembro de 2020, nun formato híbrido (online e presencial) e dirixido a todos os axentes dos sistemas turístico e deportivo.
En representación do Concello de Viveiro vai participar no congreso a concelleira de Turismo, María Soledad Rey Yáñez, quen na súa intervención dará a coñecer os recursos cos que conta o concello, demostrando que Viveiro é un opción destacable para todas aquelas persoas que buscan un destino turístico vinculado á práctica deportiva.
O goberno municipal considera que a participación neste congreso é unha importante oportunidade para promocionar o concello nun sector concreto, como é o turismo deportivo e saúdable, cada vez máis auxe e con gran demanda, e para seguir traballando nesta liña, acollendo novas ideas que sirvan para promover Viveiro como un destino de calidade ao longo de todo o ano.

Exit mobile version