Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro pon en marcha a innovadora aplicación ‘Postais Reais’ para que todos os nenos e nenas podan enviar as súas cartas ás Maxestades de Oriente e recibir unha resposta manual e por escrito

 Viveiro, 3 de decembro de 2020. O Concello de Viveiro pon en marcha unha innovadora aplicación, www.postaisreais.com, para que os nenos e nenas podan enviar dunha forma rápida as súas cartas aos Reis Magos.
As súas Maxestades de Oriente recibirán así as cartas cos desexos de todos os nenos e nenas, que obterán unha resposta dos Reis, en forma de carta manual, escrita, persoalizada e a través do correo postal ordinario.
“É unha acción que nace con toda a ilusión do mundo, unha aplicación feita por unha empresa local e de forma exclusiva para o concello”, exlica Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura de Viveiro.
“En Viveiro vivimos o Nadal con moita ilusión e sabemos que estamos nun ano atípico para os nenos e nenas, pero non queremos que perdan a ilusión de ter contacto cos Reis Magos”, explica.
Pola súa parte, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, adianta que “traballamos para que sexan unhas festas de Nadal diferentes pero especiais e ista aplicación é un primero paso, haberá unha programación adaptada ás actuais circunstancias sanitarias pero moi variada, con especial atención aos máis pequenos”.
Á espera de saber se poderán celebrarse cabalgatas ou outro tipo de actos presenciais, a Concellería de Cultura de Viveiro quere “facilitarlle o traballo aos Reis Magos” con esta nova aplicación.
As cartas deberán enviarse antes do 28 de decembro, para que desta maneira os Reis Magos teñan tempo de contestar a cada unha delas.

Exit mobile version