As actuacións realizadas consistiron no aumento da sección dos tubos que forman a rede de evacuación de augas residuais; dotación neste tramo do vial dunha rede separativa de pluviais; aumento da sección da rede de suministro de auga potable, para así garantir o bo servicio da instalación; soterramento da instalación de alumeado público e demolición do pavimento actual de formigón, para colocar losetas de granito gris abullardado, seguindo o mesmo criterio que se está utilizando para o resto do núcleo de Celeiro.
A rúa Arribada é o principal acceso de comunicación á Rúa Grande, presenta un trazado sinuoso e a tipoloxía das edificacions que a flanquean confírenlle unha singularidade especial, mantendo a día de hoxe a tipoloxía propia dun asentamento tradicional mariñeiro.
Con esta obra, subvencionada polo Fondo de Compensación Ambiental 2020, procedeuse á reposición da pavimentación da Rúa Arribada en toda a súa lonxitude, así como á mellora de todos os servizos urbanos e a restructuración integral do mesmo, co obxectivo de garantir a funcionalidade e mellorar a calidade visual e urbana do contorno.