Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro é esta fin de semana a sede do II Rally Mariña Lucense, acollendo ademáis o parque de traballo pechado da competición en Celeiro

Foto de aquivo da presentación da 1ª edición

Viveiro, 11 de decembro de 2020. O II Rally Mariña Lucense celébrase desde hoxe e ata o domingo polos concellos de Viveiro, Cervo, O Vicedo e Xove. A proba estaba prevista inicialmente para o mes de novembro, non podendo celebrarse nese momento pola situación epidemiolóxica e as restricións existentes.
O Concello de Viveiro será a sede deste rally e tamén o lugar no que se instalará o parque de traballo pechado, ubicado en Lavandeiras, Celeiro, non habendo ningún tramo de competición en vías do municipio.
No día de onte, o Concello de Viveiro participou na reunión de seguridade convocada pola Subdelegación do Goberno e, neste sentido, cabe sinalar que este concello redobrará as patrullas da Policia Local para garantir o cumprimento das medidas e que non se produzan aglomeracións.
Gran parte dos corredores do rally e do persoal de traballo vinculado ao mesmo hospédanse en Viveiro, o que supón un importante impulso para os sectores do hostalaría, hoteles e turismo, especialmente afectados pola crise derivada da pandemia. Por ese motivo, o concello apoia e colabora coa celebración deste rally, garantizando todos os protocolos Covid-19.

Exit mobile version