Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo entregou a cada un dos centros educativos do municipio unha axuda de 1.250 euros

 Cervo, 23 de deceO alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Educación, Dolores García Caramés, entregáronlles os cheques aos directores dos tres centros educativos do municipio; Xosé Manuel Rubal, do IES Marqués de Sargadelos; Manuel Martínez, do CEIP de Cervo; e José Ángel Riveira do CEIP Península da Paz

Trátase dunha contribución para os gastos de funcionamento e para o impulso das actividades que promoven ao longo do curso

Villares xa anunciou que estas partidas serán recollidas de novo nos orzamentos de 2019 “porque para nós a educación é un piar fundamental e sabemos que é unha axuda importante para o traballo que se desenvolve no seo educativo”

Exit mobile version