O rexedor explica que “a nova páxina web municipal, www.burela.org, é moito máis accesible, máis transparente e cunha interface moderna, que permitirá ao usuario navegar de maneira rápida e fácil. Presenta catro grandes áreas de contidos: servizos do municipio, axenda e actualidade, interacción entre o Concello e a cidadanía e un apartado chamado Coñece Burela no que iremos traballando e ampliando información en varios ciclos de traballo”.
Desde o equipo de goberno do Concello burelés agradecen “a colaboración altruísta de Aurelia Balseiro, Museóloga e Directora do Museo Provincial de Lugo, e Herminia Pernas, profesora e escritora e Cronista Oficial do noso Concello. Coa súa axuda imos ir desenrolando este apartado, o de Coñece Burela, no que poderemos redescubrir a nosa vila e coñecela máis polo miúdo”.
O equipo de goberno agarda que “a nova web lles guste aos nosos veciños e veciñas e que lles sexa de utilidade tanto aos que viven no noso pobo como aos visitantes que nos queiran coñecer”.