A Pontenova, 5 de decembro de 2020. O Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde e o Presidente da Asociación de Comerciantes da vila, Jose Luís Balseiro, presentaron hoxe a campaña de nadal do comercio local, coa que colabora o Concello. Repartiranse un total de 30 vales de compra cun importe de 50 euros cada un.
Campos Conde explicou que a campaña “inclúe un investimento total de 3.000 euros, na que ademais dos 1.500 euros en premios, haberá unha campaña de promoción, e bolsas reciclabes ca marca da Pontenova que regalaran os establecementos da vila”.
O rexedor remarcou que a través desta colaboración queremos “incentivar e promover entre a veciñanza as compras nos comercios da Pontenova durante o Nadal. Por iso é fundamental traballar da man da Asociación de Comerciantes da vila para contribuír a mellorar a situación do noso pequeno comercio. Este é o momento de apostar e apoiar aos nosos autónomos, aos empresarios e aos pequenos comerciantes, e traballar da man para axudar na recuperación do emprego e da actividade económica do Concello.”
Sorteo o 16 de xaneiro de 2021, a través das redes sociais
O sorteo celebrarase en directo a través das redes sociais, o dia 16 de xaneiro, e sortearase un vale por cada tenda. En cada vale recolleranse os datos de cada participante. Unha vez sorteados, os agraciados serán avisados por teléfono, e poderán canxear os seus vales nas tendas asociadas da vila. Esta promoción comeza o día 14 de decembro e remata o 6 de xaneiro de 2021.