Site icon Crónica3.com A Mariña

O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, asistirá á Copa da Raíña de fútbol sala feminino que se disputará en Málaga do 18 ao 20 de decembro

 Burela, 16 de decembro de 2020. O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, asistirá á Copa da Raíña de fútbol sala feminino que se disputará en Málaga do 18 ao 20 de decembro. Nesa cita estará presente o Pescados Rubén Burela FSF.
O edil burelés viaxa á cidade andaluza para acompañar ao Pescados Rubén Burela FSF que xogará o seu partido de semifinais este venres. Si as guerreiras laranxas chegan á final ese encontro disputarase o domingo e Ramiro Fernández Rey seguirá en Málaga representando ao Concello “como estivemos sempre apoiando ao deporte de Burela”.

Exit mobile version