Ana Ermida fixo fincapé na situación de abandono e esquecemento á que a Xunta somete a esta comarca con estes orzamentos de igual xeito que o goberno central fixo cos orzamentos estatais. Neste sentido afirmou que “en temas tan importantes coma a intervención de Alcoa, no que se pón de perfil non destinando nada tampouco para ese fin, ou a sanidade unha vez mais, donde deixa de lado a atención primaria, ou en infraestruturas básicas que non son contempladas o PP condena á Mariña á irrelevancia nestes orzamentos”, e anunciou tamén que desde o Bng comarcal e desde as localidades presentaránse emendas ao documento orzamentario que está en tramitación no Parlamento.
A Mariña, que representa o 33% do PIB na economía provincial non chega nin ao 20% dos investimentos
O deputado Daniel Castro explicou as partidas de investimentos finalistas, nos que A Mariña sae moi mal parada, e tendo en conta o investimento total na provincia, investimento a todas luces tamén escaso, A Mariña non chega a recibir nin o 20% do total, algo que según afirmou Castro “é bastante triste cando a todo o mundo se enche a boca decindo que a Mariña representa mais do 33% do PIB na economía provincial, e esa proporcionalidade non se reflicte nestes orzamentos”. E continuou decindo que “o PP con estas contas convírtenos mais ainda en periferia da periferia, pois o seu deseño de país é concentrar os servizos arredor das grandes cidades, desvertebrando moitas comarcas como é o noso caso e como se víu xa coa eliminación da Área Sanitaria da Mariña e a conseguinte perda de servizos no Hospital ”.
É necesaria e urxente unha discriminación positiva para A Mariña, diante da difícil situación que atravesa
Incidíu tamén na discriminación positiva necesaria e urxente para esta comarca que xa no inmediato e tamén nos vindeiros anos vai ter que enfrentarse a situacións moi difíciles e complexas e que vai precisar de moitos medios e investimentos para sair avante, porque os investimentos tamén significan emprego, ese emprego que Feijóo destruíu no seu decenio negro de mandato.
Demandas dos concellos e da sociedade mariñá sen atender un ano mais
As demandas do Bng, da sociedade mariñá e dos concellos mariñaos siguen ano tras ano fóra da axenda orzamentaria do PP e nese sentido Daniel Castro denunciou que as demandas de solo industrial, de abastecementos de auga, de saneamentos, de dragado de rías e de portos, de mellora da atención primaria e dos centros de saúde, de infraestruturas….siguen esquecidas e pregúntase porque non tenen a mesma consideración que as de outros territorios