“Temos que felicitarnos por unha sentenza xusta que lle dá a razón ao comité de empresa de Alcoa, a todas as veciñas e veciños da Mariña e a todas as administracións, que estabamos, estamos e estaremos presionando para que Alcoa deixe por fin a factoría e faga esa venda a Liberty que garanta a continuidade da fabricación dun aluminio de calidade na Mariña. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declarou nulo e ERE de Alcoa, mantéñense as medidas cautelares acordadas no auto do 4 de novembro de 2020 e isto significa que as cubas non se paran, que a xente mantén o seu posto de traballo, que as escusas postas por Alcoa para xustificar un ERE non se sosteñen. En cinco puntos o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia aprecia a existencia de mala fe negocial por parte da empresa”, manifesta o rexedor municipal.
Fran Cajoto engade: “isto é moi importante e dános folgos para seguir presionando e traballando para que efectivamente se produza esa venda e continúe a factoría de aluminio na Mariña, que necesitamos que continúe na nosa comarca porque precisamos traballo de calidade”.