Despois das conversas coas mulleres do mar de Burela, Cariño, O Barqueiro e Cedeira, é o momento de compartir as conclusións entorno á memoria colectiva que fomos desenvolvendo ao longo destes meses. Despois dunha benvida institucional ao acto, as mulleres establecerán unha conversa ao redor dos murais elaborados coas súas fotografías, que den conta dos avances acadados, dos fitos e das mulleres referentes do territorio, e tamén dos retos a conseguir nos vindeiros anos.
O acto será tamén unha oportunidade para fortalecer a relación entre mulleres redeiras e mariscadoras dos territorios que abrangue o GALP A Mariña – Ortegal, que comparten inquedanzas, sentires e lembranzas en canto as súas profesións. Finalmente, recoñecerase a labor dos colectivos participantes no proxecto.
O acto terá lugar na Confraría de Celeiro, entre as 18.00 e as 19.30h. No desenvolvemento do mesmo cumpriremos coas medidas de seguridade derivadas da situación sanitaria.