Site icon Crónica3.com A Mariña

Noa Presas: “O concello de Muras é un claro exemplo de como a enerxía eólica reverte nos veciños e veciñas abaratando o prezo do recibo da luz”

 Santiago de Compostela, 22 de Decembro 2020. A portavoz parlamentaria de Enerxía do BNG, Noa Presas reclamou un “cambio de rumbo” contra a falta de planificación e ordenación ante o boom eólico que vive Galiza. A nacionalista apelou a poñer no centro o interese público as garantías ambientais e o retorno económico e social da enerxía eólica. Nesta liña lembrou que o concello de Muras é “un claro exemplo de como a enerxía eólica reverte en beneficio dos veciños e veciñas que ven abarato o prezo do recibo da luz”.

A deputada defendeu unha moción na que insistía na necesidade de non perder a oportunidade dun modelo enerxético a favor da económica e sociedade galega impedindo o que cualificou de “desfeitas medioambientais” sen posibilidade de retorno.

Ademais, a deputada instou á Xunta a dirixirse ao goberno central para demandar a corrección da Orde TED/1161/2020, do 4 de decembro, pola que se regula o primeiro mecanismo de poxa para o outorgamento do réxime económico de enerxías renovábeis e se estabelece o calendario indicativo para o período 2020-2025 de cara a “incorporar criterios que non sexan exclusivamente económicos”, senón tamén sociais e medioambientais, así como incorporar, nesta ou nunha orde específica para acordar nas correspondentes Mesas de Transición,” poxas específicas de renovábeis” nas zonas afectadas, como nas Pontes, polo peche de centrais térmicas, contempla o marco legal para unha transición xusta ao abeiro do Marco Estratéxico de Enerxía e Clima.

Na súa intervención criticou que tras dez anos de parón no sector eólico agora, o PP protagoniza “un pelotazo eólico” e reiterou a necesidade de Impulsar un novo consenso para substituír a vixente lei de aproveitamento eólico e planificar o desenvolvemento da enerxía eólica da próxima década harmonizando os obxectivos e intereses económicos, enerxéticos, sociais e medioambientais a través dun novo “Plan Sectorial Eólico participativo”.

Pedimos que se garanta a transparencia, a avaliación ambiental, limitar os procesos expropiatorios, unha o oficina específica para asesoramento técnico e rexistro de información pública de contratos. Vincular a estratexia eólica ao desenvolvemento económico de Galiza e plans de desenvolvemento Industrial e Restauración Ambiental nas comarcas dos nosos parques eólicos, salvagardando os espazos de alto interese ambiental e ampliar a Rede Natura.

Noa Presas pide ao PP que non recorra a sentenza do TSXG

Tras a intervención da popular Marta Nóvoa que xustificou o proxecto eólico da Serra do Oribio afirmando que a sentenza do TSXG, que deixaba sen efecto o proxecto, aínda pode ser recorrida a deputada nacionalista pediu a portavoz do PP “que non o fagan porque xa bastante dano está feito”.

Rifirrafe no PP pola camiseta da nacionalista

Ao comezo da súa intervención, a deputada do BNG colocou unha camiseta na tribuna co lema “Non ao peche de SGRE (Siemens-Gamesa) As Somozas que provocou as protestas do portavoz do PP Pedro Puy solicitando a retirada da camiseta e que intercedera no asunto o presidente da Mesa do Parlamento, Miguel Santalices quen tras consultar si existía algún acordo da Xunta de portavoces para impedir a exhibición de camisetas u outros obxectos permitiu a parlamentaria do BNG vestir a camiseta preguntando previamente que puña ao que nacionalista respondeu ironicamente , non é “nada inconstitucional”.

Exit mobile version