Os representantes de Motoclub Al Corte explican que “a Cruz Vermella será quen reparta os alimentos entre as familias ribadenses que máis o necesiten. E a voluntaria Antía encargarase de enviar os xoguetes ó taller de Papá Noel, no Polo Norte, para que el e os elfos os reciclen e os convertan en xoguetes novos para outros nenos e nenas”. Para rematar destacan que “grazas á solidariedade dos que entregaron alimentos e xoguetes outras familias serán un chisquiño máis felices este Nadal”.