A Mariña,sábado 12 decembro. O BNG pón en marcha unha campaña en defensa do comercio de proximidade e dos produtos galegos, que se desenvolverá durante todo o Nadal. O contexto da pandemia Covid19 que estamos a padecer está a agravar a situación crítica que xa viña aturando o sector do pequeno comercio galego ou de proximidade e especialmente na comarca da Mariña, donde a situación que se está a vivir ameaza a viabilidade de numerosos establecementos e de moitos postos de traballo.
Así o explicou a responsable comarcal do BNG, Ana Ermida quen manifestou tamén que “É o momento de apoiar o comercio local e o produto galego neste Nadal, e nese sentido facendo nestas datas un consumo consciente, agora mais que nunca”.
Campaña intensa e vídeos de apoio ao comercio local nas redes sociais
Ermida explicou tamén as actividades que van desenvolver a partir de hoxe, e que serán entre outras, visitas aos establecementos para informar da campaña e contactar con comerciantes e hostaleir@s recollendo as súas demandas, e tamén para colocar cartaces de apoio á campaña co lema “Aquí consumes mellor, consumes local”. Demandaranse tamén medidas de apoio nas diferentes institucións no ámbito das súas competencias e posibilidades, e divulgaranse vídeos de apoio dos concelleir@s do Bng nas redes sociais, donde a campaña será intensa.
A responsable comarcal tamén agradeceu a boa recepción que esta inicitativa do Bng tivo nos diferentes colectivos de comerciantes e hostaleir@s, coma por exp a APEHL, cuxo presidente tamén acudíu á presentación.
Na Mariña é o momento do pequeno comercio e dos produtos galegos
Pola súa parte, o portavoz municipal do BNG en Burela Mario Pillado pronunciouse nos seguintes términos: “Hoxe presentamos dende o BNG esta campaña de apoio ó noso comercio e os nosos productos e facémolo en Burela, porque neste momento tan delicado para o noso sector comercial e para a nosa hostelería, tralo rebrote de xullo que tivo a nosa vila confinada e despois deste último mes de Novembro onde estivemos cun peche perimetral e da hostelería, queremos trasladarle á veciñanza de Burela e da Mariña que é o momento do pequeno comercio, dos productos galegos como os que chegan do noso porto e que na nosa hostelería preparan da mellor maneira. O comercio e os productos do noso mar foron pasado, son presente e teñen que ser futuro da nosa vila e da nosa comarca. Por iso neste Nadal animamos a toda a veciñanza a mercar en Burela, mercar na Mariña e mercar producto galego.Este Nadal mellor local, mellor galego.”