Na presente edición participan neste mercado un total de once artesáns, dos que seis proceden de Viveiro. Ademais, dous artesáns son da Mariña, mentres que os tres restantes son da Coruña, de Pontevedra e de Valencia.
Os artesáns participantes traballan distintas disciplinas. Os integrantes desta edición son: Imavi, Santana Bags, Augas Santas, P.dimé, Señora María, Natalia Patch, Las Flores de Greta, David Catá, Bilbiricoca, Esquina Atlántica e Feitizo.
A Trastenda de Nicomedes estará aberta ata o próximo 5 de xaneiro, en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00. Os días 24 e 31 de decembro, pechará as 20:30 horas e o 25 de decembro e 1 de xaneiro terá un horario especial, de 18:00 a 21:00 horas.
En consonancia co contexto sanitario actual, o Concello de Viveiro estableceu no mercado as medidas de seguridade pertinentes. Entre os protocolos habituais, como o uso de máscara, a distancia de seguridade e uso de xel hidroalcohólico; no mercado estableceuse un circuito circular dentro da propia sala para marcar un sentido único da visita.