Site icon Crónica3.com A Mariña

Entrega de premios do V Concruso de Fotografía “O mellor recuncho de Mondoñedo” e presentación do Calendario de Mondoñedo para o ano 2021

 Mondoñedo, 26 de decembro, 2020. Na mañá do día 26 de decembro do 2020, ás 12h no Salón de Plenos do Concello de Mondoñedo, tivo lugar a entrega de premios do V Concurso de Fotografía “O Mellor Recuncho de Mondoñedo”.
Os agraciados foron

1º Premio Dna. María Sol Piñeiro Requeijo

2º Premio D. Marcos Candia Cuba

3ª Premio Dna. Lucía López

Estes recibiron do Concello un agasallo consistente na Guía Literaria Cunqueiro e Mondoñedo de Armando Requeixo, a obra Versos Fideis que recolle aos galardoados no certame literario Díaz Jácome dende o ano 2000 ata o 2018, un exemplar do Calendario do ano 2021, unha libreta, lapis e bolígrafo da Casa Museo Álvaro Cunqueiro e unha pulseira de Mondoñedo.

Ademais destes agasallos recibiron un diploma conmemorativo.

Por parte do Concello asistiron á entrega Dna. Elena Candia López, Primeira Tenente de Alcalde, D. Alberto García Fernández, Concelleiro de Cultura e Dna. María Patricia Otero Doural, Concelleira de Camiño Norte.

Neste acto fíxose, á súa vez, a presentación oficial do Calendario de Mondoñedo do ano 2021 que recolle parte das imaxes do concurso de fotografía, así como as tres imaxes gañadoras.

Este calendario, que recolle fermosos recunchos de todo o Concello de Mondoñedo, é gratuíto e poderá recollerse na Oficina de Turismo de Mondoñedo a partires do día 2 de xaneiro de 2021.

A entrega será de 1 exemplar por unidade familiar e terán preferencia na mesma aquelas persoas con primeira residencia en Mondoñedo.

Exit mobile version