Burela, 24 de decembro de 2020. A empresa Urbaser, concesionaria do servizo de limpeza en Burela, traballará hoxe e o 31 de decembro en horario de 8 a 12 da mañá, segundo informa a Concellería de Medio Ambiente.
Toñi Eijo explica que “o punto limpo tanto o día de Noiteboa coma o de Fin de Ano abrirá tamén de 8 a 12 da mañá. A recollida de residuos sólidos urbanos farase no horario habitual e hoxe, 24 de decembro, realizarase a de envases en lugar de mañá, porque é festivo. Será tamén no horario habitual”.
A concelleira de Medio Ambiente aproveita a ocasión “para desexarlles aos nosos veciños e veciñas que pasen unhas boas festas, sen poñer en perigo a súa saúde nin a das súas familias. É importante concienciarse da necesidade de ventilar as estancias, de hixienizar moito as mans, e de non esquecerse da mascarilla en ningún momento”.